Os Bolechas visitan Bóveda este día 30

'Os bolechas e o Cavernícola' no centro sociocultural de Bóveda ás 12:00 deste xoves.

O Concello de Bóveda celebra mañá unha xornada en igualdade co espectáculo ‘Os bolechas e o Cavernícola’ no que toda a familia de monicreques visitará o Centro Sociocultural de Bóveda ás 12:00 horas.

Trátase dun espectáculo interactivo, polo que se agradece a participación do público asistente. O Concello de Bóveda convida a todos os nenos e nenas e ás súas familias a asistir a este espectáculo.

Despois da xornada de igualdade, o Concello de Bóveda fará entrega dos premios do II concurso de poesía en homenaxe a Florencio Delgado.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here