De Vacas e Guadi Galego en Sarria

Chegan dentro do ciclo "Xacobeo interior" e actuarán na Praza da Vila ás 21:00 h. A entrada será de balde.

De Vacas. Imaxe da súa web.

O ciclo de concertos ‘Xacobeo no interior’ ten como obxectivo achegar a música galega e en galego a comarcas galegas por onde pasa o Camiño de Santiago. Trátase dunha iniciativa máis enmarcada na programación musical do Xacobeo que aposta pola calidade musical do noso país e pola diversidade da creación, con xéneros que van dende o pop ao folk.

Música galega levada a lugares do interior galego nos que ademais gozan do privilexio de estar nalgunha das rutas xacobeas, como é o caso do Concello de Sarria por onde pasa o Camiño Francés.

A iniciativa que traerá a Sarria este venres 1 de xullo a Guadi Galego e ao grupo De Vacas está a mover uns 300 artistas de primeiro nivel por toda Galicia neste ano santo extraordinario.

DE VACAS & GUADI GALEGO

Cun estilo moi orixinal e peculiar, De Vacas ‘reinterpretan’ a artistas tan dispares en estilo e tempo como Marta Sánchez, Rosalía de Castro ou Enrique Igrexas, e profundizan nas temáticas de corte social.

As protagonistas desta formación son as voces de Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero que presentan un espectáculo fresco, reivindicativo, con harmonías cálidas e guitarra, unidas ao son do matraquillo cando é preciso, luces e coidada posta en escena.

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes do panorama galego e cunha traxectoria moi dilatada, pasando por Berrogüetto, Espido ou Nordestin@s antes de iniciar a súa carreira en solitario pero sen deixar de participar noutros proxectos. Nesta nova etapa forma un deses proxectos nos que participou foi aCadaCanto.

Cómpre salientar o Premio da Crítica Galicia na categoría de música que levou no 2015 e o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado polo seu traballo polo seu traballo ‘Inmersión’ no 2020. Neste ano recibe tamén o Premio Martín Códax da Música á mellora artista na categoría de música Indie/Pop e saca o seu 5º disco en solitario, ‘Costuras’.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here