Volven os Concertos na Terraza do Círculo Saviñao

O Círculo Saviñao acolle este sábado un concerto e o domingo preséntase o libro de Paco Ascón, Tener o ser.

Lorena e Gonzalo / Círculo Saviñao

Nesta primeira fin de semana de xullo o Círculo Saviñao retoma os Concertos na Terraza. Este sábado a partir das 20.00h actúan Soul & Roll.

E o domingo ábrese a exposición de pintura de Paco Ascón, As portas de Lugo, que permanecerá aberta ata o 4 de agoto. Este día 3 a partir das 19:30, Ascón presentará tamén o seu libro, Tener o ser.

As actividades teñen entrada libre para as persoas que desexen acudir.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here