InicioCulturaTalleres audiovisuais para a mocidade nos concellos de Lemos

Talleres audiovisuais para a mocidade nos concellos de Lemos

O GDR Ribeira Sacra - Courel organiza as xornadas que se desenvolverán a semana do 24 de setembro en Monforte e no Saviñao en horario de tarde. Na semana do 1 de outubro serán en Sober e Pantón e na semana do 8 de outubro en Bóveda e Pobra do Brollón.

Publicado o

- Advertisement -

As xornadas están dirixidas a rapaces de entre 11 e 17 anos e son de balde. Para participar na actividade deben de inscribirse no teléfono 647 59 57 47. Os obxectivos desta proposta son:

  • Que os mozos coñezan conceptos básicos das distintas fases do proceso de produción e realización audiovisual.
  • Que os mozos se acheguen ás potencialidades que ten a imaxe en movemento, nun momento no que o dixital manda e o audiovisual como contido de calidade se convirte nunha peza clave.
  • Que os mozos se convertan en masa crítica á hora de analizar a multitude de produtos audiovisuais que nos rodean. Que coñezan o traballo que hai detrás do que despois se ve.
  • Poñer en valor o territorio. Que os alumnos coñezan outros modos e outras formas de ver para achegarse aos seus concellos.
  • Que vexan o seu concello desde outro punto de vista, como “escenario” dunha grabación para que a xente o coñeza.
  • Que queiran mostrar o mellor que ven no seu concello e que fagan partícipes aos adultos.
  • Cada concello tería a súa peza audiovisual cuxos autores son os rapaces.
Cartel xornadas

ÚLTIMAS

Roteiro Literario para coñecer as localizacións da novela “A Boca do Monte”, en Quiroga

Preto dun cento de estudantes do IES As Lagoas de Ourense coñeceron o pasado...

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...