InicioCultura'Danza no Camiño' chega a Sarria

‘Danza no Camiño’ chega a Sarria

Poderase gozar deste gran espectáculo este 20 de xullo ás 21:30 horas na Praza da Vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por primeira vez, o certame ‘Danza no Camiño’ chega a tres cidades galegas do Camiño de Santiago: Sarria, Portomarín e Santiago.  Esta iniciativa celébrase no marco do 21º Festival Internacional de Coreografía Burgos & Nova York. Son tres espectáculos que teñen en común a súa particular forma de vincular a danza contemporánea, as novas linguaxes coreográficos urbanos e a monumental arquitectura do Camiño de Santiago.

OS TRES ESPECTÁCULOS

‘Dystopian’, da formación italo-española afincada en Alemaña, Frantics Dance Company; ‘Simposio’, dos italianos Bellanda Company; e ‘Estancia paisaxe’, unha creación conxunta Esther Latorre e Hugo Pereira, compoñentes de Cía. Colectivo Glovo (galega), e os intérpretes Fran Martínez e Paula Quintas.

Estes tres traballos poderán optar a un total de 21.000 euros en galardóns. Cada un dos tres coreógrafos seleccionados para a súa participación no Certame recibirá 3.000 euros e o gañador que designe o xurado popular, formado polo público asistente ata completar 20 persoas, en cada unha das doce representacións, recibirá 1.000 euros adicionais.


ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...