Proxección de “Valentina” este 4 de agosto en Monforte

A proxección forma parte da programación do Camiño Creativo de Santiago e ía ter lugar o pasado 14 de xullo, xornada na que se suspendeu pola tormenta.

Praza de San Antón / Concello de Monforte. Foto: XMF

O Concello de Monforte colaborará cos emprendedores que participen no programa El Camino Creativo-Xacobeo 2022 Emprende!”, a segunda edición unha iniciativa impulsada dende a Red de Ciudades y Territorios Creativos de España (RECITCREA) e da que o Concello é membro.

Na edición deste ano o Concello acolleu dúas actividades a principios do mes de xullo, dirixidas especialmente ós emprendedores que están a participar neste Camiño Creativo, que deu comezo o pasado 7 de xullo, e que tamén están abertas a participación da cidadanía en xeral.

Este xoves, 4 xullo, a partir das 21:30h terá lugar na praza Campo de San Antonio, a recuperación da proxección da película  VALENTINA, que foi  galardoada coma Mellor Película de Animación nos premios Goya 2022. A entrada é aberta e gratuíta para  toda a poboación. Este cine de verán incluirá o seguinte programa:

  • 21:30 h.- Presentación da película pola súa directora, Chelo Loureiro.
  • 21:45 h.- Proxección do corto “La Chica de la Ventana”, dirixido por Javier Saco e gravado en Monforte.
  • 22:00 h.- Proxección de VALENTINA.
  • 23:10 h.- Coloquio aberto con Chelo Loureiro.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here