Domingo de Gala Máxica Galega na Praza de España de Monforte

O Concello de Monforte acolle este domingo, 7 de agosto, dentro da súa programación do Verán Cultural, a Gala Máxica Galega, que terá lugar na Praza de España a partir das 22:30 horas.

Actuación do Mago Iago. Foto: R. Lolo.

Trátase dun espectáculo de maxia dirixido a todos os públicos e de carácter gratuíto que está protagonizado por 4 magos:

  • Mago Iago (Monforte de Lemos), de 9 anos e que estuda no Colexio dos Escolapios
  • Mago Rafa (Lugo)
  • Dani Polo (Melide)
  • Pedro Bugarín (A Coruña)

Este evento está organizado e patrocinado polo Concello de Monforte, e conta co apoio do AGADIC  e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Está incluído no ciclo Cultura no Camiño 2022.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here