Música para celebrar o Día da Muller Rural

O Concello de Monforte organiza este domingo 21 de outubro, ás 19.00 horas na Casa da Cultura, un concerto de Batuko Tabanka, formación integrada por mulleres caboverdianas afincadas na mariña de Lugo .

Actuación Batuko Tabanka / Batuko Tabanka

A actividade está organizada pola Concellería de Igualdade a través do Centro de Información a Muller en colaboración co Fondo Galego de Cooperación. Batuko Tabanka actuará xunto coa Asociación cultural amigos da pandeireta de Monforte. O obxectivo desta actividade é promover a interculturalidade e a inclusión, debido a que a emigración, a identidade ou a situación da muller son algunhas das cuestións que centran os temas de Batuko Tabanka. Pola súa banda a formación monfortina tocará música tradional galega, visibilizando así as dúas culturas a través da figura da muller rural galega e a da muller caboverdiana.

O Fondo Galego de Cooperación

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 96 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento; realizando proxectos con impacto nos países do Sur e promovendo a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here