Menchu Lamas estréase na Real Academia de Belas Artes

A pintora Carmen Lamas Pérez, coñecida como Menchu Lamas (Vigo, 1954), casada co tamén pintor Antón Patiño, pronunciou este sábado o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) como académica numeraria da Sección de Pintura e Gravado.

Ingreso de Menchu Lamas na Real Academia Galega de Belas Artes.

O presidente deu unha cordial benvida á pintora, que se suma ao ingreso doutras mulleres académicas, como recentemente ocorreu con Soledad Penalta, co fin de achegar un pouco máis á institución a un equilibrio na igualdade. Lembrando os tempos do colectivo Atlántica, Quintana Martelo relatou ao auditorio o momento exacto no que coñeceu a Menchu Lamas, na derradeira exposición da agrupación artística en 1983, titulada “Atlántica 83”, que xunto a outras mostras marcaron un antes e un despois na arte galega. Toda a información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here