Sober incentiva a creatividade no Nadal

O concello convoca tres certames para estas festas, un de beléns, un de postais e outro de poesía.

Concello de Sober. Fonte: Concello

No concurso de beléns establécense dúas categorías, unha de adultos e outra infantil e o xurado pasará cualificar os traballos o día 28 de decembro.

Para o de poesía serán tres as categorías: ata oito anos, de nove a once e dos 12 aos 16 anos sendo o tema xenérico o Nadal. Os traballos irán acompañados dos datos da autora ou autor e deben estar redactados en galego non podendo pasar en extensión dun folio como máximo.

No apartado de postais o tema será tamén o Nadal e contarase neste caso con catro categorías: ata oito anos, de nove a once, de doce a dezaseis e a partir dos 17 anos. Os traballos deberán ir acompañados dos datos da autora ou autor.

Os creadores das obras premiadas nestes dos últimos certames recibirán un diploma e un lote de libros e a entrega de premios será o día 2 de xaneiro  ás 17:30 h. no Centro Sociocultural.

O prazo para inscribirse será o 21 de decembro e o lugar para facelo será a Biblioteca Pública Municipal de Sober.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here