InicioCulturaA Biblioteca Municipal do Saviñao suma un novo Premio María Moliner

A Biblioteca Municipal do Saviñao suma un novo Premio María Moliner

O Ministerio de Cultura e Deporte premia á biblioteca de Escairón xunto a outros 300 proxectos de animación á lectura a nivel estatal. É a novena ocasión que resulta seleccionada e recibirá un premio de 1706,66 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O bo facer na xestión desta biblioteca ten xa unha traxectoria consolidada e así o demostra o feito de que foi seleccionada en todas as edicións ás que se presentou. Concretamente foron nove as ocasións, nos anos 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2014, 2016, 2017 e este 2018.

O Ministerio de Cultura e Deporte concede cada ano unha serie de subvencións tras a convocatoria do coñecido como “Concurso de proyectos de animación a la lectura María Moliner en municipios de menos de 50.000 habitantes”. Este ano a Biblioteca Municipal do Saviñao levouse novamente o gato á auga con moito mérito, entre outras cousas, por ter sido seleccionada como un dos 300 proxectos a nivel estatal, dos que só hai 14 galegos e unicamente 3 da provincia de Lugo (O Saviñao, Sober e Xermade).

Para a concesión destes premios valóranse as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na comunidade e o uso das novas tecnoloxías.

A bibliotecaria, Mónica Carballo, explícanos que a intención da biblioteca é que sexan os propios usuarios os/as que escollan o destino da maior parte do total do premio, que ascende a 1706,66 euros en metálico para a adquisición de libros, revistas e audiovisuais.

Como agradecemento, Mónica felicitou publicamente aos usuarios/as pola súa colaboración e participación activa nas diferentes actividades que se programan e ás persoas e institucións que colaboran coas mesmas.

actividades para decembro

O venres 14 ás 17.00 h. haberá un contacontos a cargo da escritora Antía Yáñez, o “Rescate na biblioteca” e o venres 21 será o último para poder entregar os poemas infantís sobre o Nadal.

 

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...