InicioCulturaCantos de taberna e concerto de Son do Sil en Quiroga

Cantos de taberna e concerto de Son do Sil en Quiroga

A última fin de semana empeza forte en Quiroga onde a foliada está asegurada esta tarde coa presenza de varias formacións de música tradicional que amenizarán o ambiente de varios establecementos de hostalería da vila.

Publicado o

- Advertisement -

Na IV edición dos Cantos de Taberna de Quiroga participarán este ano tres formacións: Os Palletas, Os Parrandas e O Recanto e dez establecementos: Adega de María, As Palmeras, O Portón, Quiper, Ruxe-Ruxe, Bar Lago, Bar Félix, Chapakuña 3, O Roxo Vivo e o Restaurante Torres.

A recepción de participantes farase este sábado ás 17:00 h. na Casa da Cultura coa previsión de empezar a rolda de locais a partir das 18:00 h. Como fin de festa está programada unha foliada conxunta na zona de pubs de Quiroga a partir da medianoite

Grupo Os Palletas. Foto cedida

En canto á organización cada grupo terá un itinerario de bares e disporá duns 20 minutos de actuación en cada un deles. O repertorio será libre e daráselle preferencia aos temas populares tradicionais. Os integrantes dos grupos terán unha consumición e tapa de balde en cada local que farán efectiva coa entrega de vales que lles facilitará a organización.

E xa de cara ao sábado 29 de decembro a cita será no Auditorio Municipal co gran concerto do grupo valdeorrés “Son do Sil” ás 19:00 h. Esta actuación está subvencionada polo Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.

ÚLTIMAS

RIOTORTO, EPICENTRO DA ARTESANÍA DO FERRO DE GALICIA

A XV Feira de Artesanía do Ferro foi presentada o pasado 18 de abril coa presenza...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...