Primeiras confirmacións do Festival 17º Ribeira Sacra Paisaxe

Kevin Johansen, Marem Ladson e Enric Montefusco, primeiras actuacións confirmadas do Festival 17º Ribeira Sacra Paisaxe.

Kevin Johanse / Festival 17º

Este ano o Festival terá lugar entre o 18 e o 21 de xullo. Desde a organización informan de que nas vindeiras semanas se irá anunciando o resto do cartel musical e outras actividades que se desenvolverán en diferentes escenarios da Ribeira Sacra. 

Polo momento sábese que o arxentino Kevin Johansen será un dos cabezas de cartel do Festival, que na súa III edición segue coa súa teima de unir a música coa natureza, o patrimonio, o viño e a gastronomía.

Marem Ladson / Festival 17º

Ademais do compositor e cantante arxentino, tamén estarán este ano no festival a ourensá Marem Ladson e o catalán Enric Montefusco. A venda de abonos a prezo reducido xa concluíu, cunha importante resposta do público que adquiriu preto dun terzo dos abonos totais do festival. Nas próximas semanas irase desvelando o cartel completo desta edición e continuará a venda de abonos a través de Ataquilla. com.

Enric Montefusco / Festival 17º

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here