InicioCultura2.500 euros do concello da Pobra do Brollón para o Entroido de...

2.500 euros do concello da Pobra do Brollón para o Entroido de Salcedo

O convenio, asinado o día 21, recolle que o Concello da Pobra do Brollón colabora neste exercicio, cunha achega de 1.500 euros para a organización do Entroido.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón vén de asinar un convenio coa Asociación de Veciños de Salcedo para a celebración do Entroido de Salcedo. O convenio recolle que entre as “competencias do Concello está o apoio, desenvolvemento e difusión da cultura en toda a súa extensión, con especial atención a aquela que ten carácter tradicional e a que desde o ámbito do concello, estende a súa repercusión fóra do mesmo contribuíndo a espallar máis alá dos seus límites, o seu nome e ser polo de atracción para visitantes”.

Entre esas actividades sinálase o Entroido de Salcedo como unha das máis destacadas, “de tradición centenaria e cunha ampla repercusión fóra do Concello”. E especifícase que dentro das moitas actividades que inclúe destaca o Oso de Salcedo, cuxa repercusión sobrepasa os lindes da Comunidade Autónoma.

Pola súa banda a Asociación de Veciños manifesta que moitas das actividades precisan de novo material ou roupa, como é o caso dos traxes de madamas e danzantes e a vestimenta do Oso e a dos seus criados, elementos que co paso do tempo se deterioran e é preciso renovar.

Ademais do convenio que se vén de asinar, o Concello da Pobra do Brollón aporta 1.000 euros para que a Comisión Organizadora poida sufragar os gastos do grupo eléctrico.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...