Aberta a incrición da XXIV Feira de Antigüidades de San Lázaro en Sarria

A cita desenvolverase na fin de semana do 6 e 7 de abril en horario continuado de 11.00 a 20.00 horas.

Feira San Lázaro / antiguedadesechevarria.com

A tradición do mercado de antigüidades en Sarria ten a máxima expresión con esta cita que camiña xa cara a XXIV edición. Trátase dun mercado urbano que engloba antigüidades e coleccionismo. Segundo as propias bases do certame, tódolos obxectos e pezas expostos deberán de ter unha antigüidade mínima de 50 anos. No caso de non cumprir este requisito, deberase indicar nun lugar visible que os obxectos son “vintage”. As pezas  de exposición e venta non deben ser réplicas e, en caso de selo, débese especificar.

A cita desenvolverase na rúa do Porvir, coñecida tamén como dos “anticuarios” por atoparse nela a maioría de establecementos; a exposición chegrará a tamén á rúa Marqués de Ugena.

Os interesados en inscribirse deben dirixirse ao concello persoalmente, por vía postal ou correo electrónico antes do 8 de marzo ás 14.00. Toda a información e bases na web do concello.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here