150 anos da Banda de Música de Sober

O director da Banda, Miguel Franqueiro tocará como tuba solista coa Orquestra Nacional de España

Banda de Música de Sober / 2.bp.blogspot.com

O director da Banda de Música de Sober tocará en Madrid coa ONE (Orquestra Nacional de España) a semana do 11 ao 16 de marzo dentro do ciclo de concertos de música e cine. No que se interpretarán diferentes bandas sonoras, como a de Tiburón, Drácula, Psicosis, Batman, Star Wars, Parque Jurásico, Código Da Vinci e Piratas del Caribe, entre outras.

O músico tocará a semana anterior coa Orquestra Sinfónica de Castela e León, despois de ter tocado no que vai de temporada coa coa Orquestra de Estremadura, coa Orquestra Sinfónica de Barcelona, coa Real Orquestra Sinfónica de Sevilla, coa Orquesta de RTVE e coa Orquestra do Gran Teatre del Liceu de Barcelona.

Miguel Franqueiro / Concello de Sober

O director da Banda de Música de Sober traballa tamén xunto coa directiva e o Concello de Sober na programación que a formación e o Goberno local porán en marcha este ano con motivo do 150 aniversario do seu nacemento. “É un ano moi especial para a Banda de Música de Sober que contará cunha celebración acorde á súa historia na que prevemos a implicación non só dos músicos, senón de todo o Concello”, precisa.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here