InicioCulturaHumanidades Desnudas

Humanidades Desnudas

O poemario de José Carlos López preséntase este xoves día 21 ás 20.00 no Centro do Viño da Ribeira Sacra, nunha cita organizada pola Asociación cultural, educativa e Social aulABERTA.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación aulaAberta púxose a andar no 2018, por  persoas relacionadas co mundo do ensino e con inquedanzas nos ámbitos cultural, educativo e social da comarca de Lemos.

Este xoves 21 de marzo no Centro do Viño teñen organizada unha xornada onde a poesía é a protagonista. Por unha banda preséntase o poemario “Humanidades Desnudas”, escrito por José Carlos López Valcárcel, monfortino apaixoado da poesía desde a adolescencia, aínda que nunca se decidira a publicar ata agora. No prólogo do seu propio libro recolle “fueron ciertas circunstancias, como el nacimiento de su hija Martina, las que le llevaron a recopilar y dar a conocer, traspasando la frontera de la intimidad, estos versos desnudos en los que pone voz a su alma”.

Ademais de presentar o libro aproveitarase para celebrar o Día da Poesía lendo poemas do libro protagonista. Esta cita será a primeira do calendario 2019 da Asociación.

No ano dos seus comezos aulaAberta organizaba unha xornada titulada “Cultivando o sentido do humor” e en xuño presentaban outro libro, «Pioneiras do deporte en Galicia», escrito por Cristina López Villar, doutora en Ciencias da Actividad Física e Deporte.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....