InicioDeportesOs premios do Deporte monfortino coñeceranse o sábado, 4 de maio

Os premios do Deporte monfortino coñeceranse o sábado, 4 de maio

A VII edición da Gala do Deporte celebrarase ás 20.00 h. do sábado, 4 de maio, na casa da cultura Lois Pereiro.

Publicado o

- Advertisement -

A Gala do Deporte ten como obxectivo premiar e poñer en valor o esforzo e a dedicación de deportistas, clubs, adestradores/as, técnicos/as e árbitros/as do Concello. O acto celebrarase o sábado 4 de maio ás 20:00 h. na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

O xurado desta edición conformábano: Luis Conde  (La Voz De Galicia), Miguel Piñeiro (El Progreso), Manuel Otero Méndez, Xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Fidel Fernán (Cadena Ser), Pablo Rivera Capón (Deputado Provincial de Deportes), José Tomé Roca, Alcalde do Concello de Monforte.

O propio día da Gala daranse a coñecer os gañadores das diferentes categorías, nas que os candidatos son os seguintes:

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO
CANDIDATO MODALIDADE DEPORTIVA
Emilio Sotelo Rodríguez Pesca
Jairo Salgueiro Montero Atletismo
Julio Pérez Álvarez Tiro Olímpico
Alejandro Losada Rodríguez Taekwondo
Junior Martínez Castillo Taekwondo

 

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA
CANDIDATA MODALIDADE DEPORTIVA
Sonsoles Martín Rodríguez Atletismo
Elena Varela de Fátima Taekwondo

 

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA
CANDIDATO MODALIDADE DEPORTIVA
Jorge Soto Rozas Pesca
Javier Cienfuegos González Pesca
Alejandro Fernández Franjo Taekwondo

 

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA
CANDIDATA MODALIDADE DEPORTIVA
María Martín Rodríguez Atletismo
Laura Álvarez Suárez Taekwondo

 

 CATEGORÍA MELLOR ADESTRADOR/A
CANDIDATO/A MODALIDADE DEPORTIVA
Antonio García Quintela Pesca
José María Vega Sánchez Taekwondo

 

CATEGORÍA MELLOR ÁRBITRO/A
CANDIDATO/A MODALIDADE DEPORTIVA
Luis Ángel López Rodríguez Tiro Olímpico
Andrea Pérez Dos Anjos Taekwondo

 

CATEGORÍA MELLOR CLUB
CANDIDATO/A MODALIDADE DEPORTIVA
Club Tiro Olímpico Cabe Tiro Olímpico
Club Korbis Voleibol
Club Taekwondo Neka Taekwondo

 

A Gala será aproveitada para presentar o vídeo da XI Carreira Popular Concello de Monforte. Nesta edición farase un recoñecemento especial ás seguintes entidades relacionadas co deporte local:

  • Club Lemos en recoñecemento polo ascenso de categoría na tempada 2018 – 2019
  • Santiago Díaz Rodríguez, promotor do piragüismo en Monforte.
  • José Antonio Díaz Expósito, comunicador, xestor e directivo deportivo.
  • Mariano Rodríguez Cedrón, directivo do Club Lemos e por asumir a presidencia do Club en momentos críticos para a entidade.
  • Pepe Mourelo, comunicador e promotor do deporte.
  • José Antonio Arias Parga, traxectoria profesional como fotógrafo.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...