Reservas online das instalacións deportivas de Monforte

Desde este luns 13 de maio as persoas interesadas en alugar as instalacións deportivas do Concello de Monforte para uso de tempo libre poderán facer a reserva e o pago de xeito telemático a través da páxina web do Concello de Monforte.

Campo Luis Bodegas / Concello de Monforte

As instalacións para estas reservas son o Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas e o Pavillón da Pinguela que ofrecen as horas libres que deixa o Concello de Monforte e os clubs deportivos para o uso de toda a cidadanía.

Os horarios de aluguer das instalacións son os seguintes:

  • Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas: de luns a venres non festivos, de 17:30 a 22:30 h. Pódese alugar campo de fútbol 7 ou campo de fútbol 11.
  • Pavillón Municipal da Pinguela: de luns a venres non festivos, de 16:30 a 22:30 h. Pódese alugar cancha completa ou media cancha de fútbol sala.

Os interesados poderán facer a reserva das instalacións a través da sección de deportes da páxina web do Concello de Monforte na que se conta cunha plataforma de reservas online. As reservas poderanse facer cun máximo de sete días de antelación e ata 24 horas antes do seu uso. O único requisito será darse de alta na plataforma.

As taxas vixente polo aluguer de cada un dos espazos deportivos son as seguintes:

Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas:

  • Aluguer campo de fútbol 7: 15,45 € / hora.
  • Aluguer campo de fútbol 11: 30,90 € / hora

Pavillón Municipal da Pinguela:

  • Cancha completa: 12,36 € / hora
  • Media cancha: 6,18 € / hora

Esta medida está encamiñada a facer máis accesible e a poñer ó alcance de toda a cidadanía o uso das instalacións deportivas municipais, ó tempo que se busca que o trámite para o aluguer sexa moito máis dinámico ó estar dispoñible as 24 horas do día os 365 días do ano.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here