InicioDeportesCarolina Camino, unha quiroguesa na Selección Española Absoluta de voleibol

Carolina Camino, unha quiroguesa na Selección Española Absoluta de voleibol

A xogadora do C.V. Ribeira Sacra, que esta tempada está coa Concentración Permanente de menores en Soria, formará parte do combinado nacional absoluto por primeira vez na súa carreira deportiva.

Publicado o

- Advertisement -

A concentración da Selección Española, que se realizará a partir do 16 ao 22 de xuño no Centro de Alto Rendimento de Sant Cugat, estará dirixida polo actual Seleccionador nacional Pascual Saurín e nela estarán varias xogadoras máis da Concentración Permanente e xogadoras que actualmente están xogando a Liga Europea absoluta.

Carolina será a xogadora máis nova de todas as convocadas nesta ocasión polo Seleccionador Nacional -ten agora 15 anos-, un feito que reflicte a confianza na quiroguesa e que representa para esta un paso máis na súa brillante traxectoria deportiva.

Carolina Camino. Fonte: CV Ribeira Sacra

Na concentración de Sant Cugat xogaranse varios encontros con outras seleccións para ir axustando ao equipo novas xogadoras e integralas de cara ao futuro.

A convocatoria de Camino significa un recoñecemento máis tamén para o club monfortino que leva aportado xa moitas xogadoras, tanto á Selección Absoluta como á Concentración Permanente.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...