Dous monfortinos volven con medallas do Gran Premio de España de Jiu Jitsu Brasileiro

Dos tres deportistas que representaban á cidade do Cabe, Luis Castaño e Borja Castaño acadaron 3 medallas mentres que Ángel Guadarrama quedou a unha vitoria de alcanzar o metal.

Amosando as medallas. Foto: Equipo Wolf Pack

O pasado 20 e 21 de xullo celebrouse na Cidade Deportiva As Olivas ende Aranjuez o Gran Premio de España de Jiu Jitsu Brasileiro organizado pola AEJJB (Asociación Española de Jiu Jitsu Brasileiro).

Neste Open Internacional déronse cita máis de 600 atletas de diversas nacionalidades e nel participaba o equipo Wolf Pack con filiais en Lugo e en Monforte.  Este grupo chegaba liderado polo monfortino Luís Castaño que disputou este torneo con outros catro atletas.

Resultados

Luís Castaño: prata en Non Gi e bronce con kimono -cinto marron peso lixeiro-.

Peter Kienzl: prata con kimono e bronce en Non Gi -cinto azul peso medio-.

Borja Castaño: bronce con kimono e bronce en Non Gi -cinto azul peso lixeiro-

Marco Castrillón: prata con kimono -cinto branco peso pesadisimo-.

Ángel Guadarrama: quedou a un combate de alcanzar medalla pero fixo un gran campionato sorprendendo ao publico e levantando ovacións nalgunhas das súas accións. Foi descualificado na semifinal por unha técnica ilegal.

equipo Wolf Pack amosa a súa satisfacción polos resultados acadados e pensa xa na preparación para o europeo 2020 que terá lugar en xaneiro en Lisboa.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here