InicioDeportesCampus de fútbol do Celta en Monforte

Campus de fútbol do Celta en Monforte

Esta actividade deportiva, impulsada polo concello, desenvolverase ata o venres 9 nas instalacións do Campo de Fútbol Municipal Luís Bodegas.

Publicado o

- Advertisement -

O XIII Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo comezaba esta mañá ás 9:30 h. coa entrega de equipacións aos participantes, un total de 100 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos.

Os pequenos/as, coa expectación do primeiro día, amosaron gran emoción e afrontaron con moitas ganas este achegamento á disciplina futbolística propia de equipos da máxima categoría do fútbol nacional como é o caso do R.C. Celta de Vigo.

Esta actividade, que se desenvolverá ata o día 9 de agosto en horario de 10:00 a 13:00 h., forma parte do amplo programa deportivo de verán que organiza o Concello de Monforte para este ano 2019. Está dirixida por adestradores e monitores do R.C. Vigo que durante a semana de duración impartirán as sesión de adestramento coa metodoloxía empregada nas categorías inferiores do equipo vigués.

Momento do adestramento desta mañá. Foto: Concello de Monforte

Co prezo da inscrición no campus entraba de agasallo unha equipación do R.C. Celta de Vigo, detalle que pais e fillos/as agradeceron esperando, quizais algúns pais, que os seus pequenos/as cheguen a ser siareiros e/ou xogadores do equipo celeste no futuro.

ÚLTIMAS

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...