InicioDeportesO monfortino Carlos López Moral terceiro no campionato galego de cross Sub...

O monfortino Carlos López Moral terceiro no campionato galego de cross Sub 18

O atleta da Gándara, Carlos López Moral, quedou terceiro na categoría Sub 18 no campionato galego de cross que se celebrou na Rúa o pasado domingo 26 de xaneiro.

Publicado o

- Advertisement -

Ademais desta terceira posición no plano individual cabe destacar o segundo posto acadado por equipos, xa que foi convocado pola Atlética Lucense, club filial do Club monfortino da Gándara.

Convocados pola atética tamén participaron Carmen Martinez Téllez, ouro por equipos na categoría feminina Sub 18 e Iker Fernández Codesido Ouro no equipo de sub 14 Masculino.

O equipo SUB14 feminino da Gándara, formado por Paloma, Carla, Uxia e Silvia fixeron un oitavo posto neste seu primeiro campeonato galego.

Desde o Club da Gándara valoran moi positivamente os resultados acadados polos seus atletas no que vai de tempada. Ademais as categorías máis pequenas do club acudirán este domingo á final provincial de cross que se celebrará en Vilalba.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...