II Ruta BTT Pombeiro

As inscricións poden facerse ata o mércores 20 de maio en Champion Chip Norte.

Ruta Pombeiro

O vindeiro domingo 24 de maio a “Asociación Cultural Vixe das Neves” da parroquia de Pombeiro, no concello de Pantón, organizará por segundo ano consecutivo a “II BTT Pombeiro”. Esta proba deportiva contará con dúas rutas en función da súa lonxitude, unha de 48 km e unha máis curta de 27 km para poder atraer a máis xente.

A proba pasará por puntos emblemáticos do concello como a ruta que une as aldeas de Cibrisqueiros a San Cosmede coas tumbas do Preguntoiro ou a capela de San Cosmede. Outros lugares de interese serán os miradoiros de Pena Pombeira e da Cruz e o camiño real de Bazal. As persoas que acudan a esta citan pasarán aldeas como Bazal, Vilamirón, Lornís ou Següín.

Coma na anterior edición contarase con atletas de gran nivel coma Estefan González Expósito e Saúl López Álvarez. E haberá agasallos ofrecidos pola tenda de material de bicicletas Biciracing de Monforte de Lemos.

Ruta Pombeiro

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here