InicioPolíticaA pista de padel do Saviñao leva un mes fóra de servizo

A pista de padel do Saviñao leva un mes fóra de servizo

A denuncia sobre o actual estado da instalación deportiva é unha iniciativa do partido político BNG

Publicado o

- Advertisement -

O partido do BNG Saviñao reclamou no pleno celebrado o 12 de xuño que se arranxaran as instalacións actuais da pista de padel debido a que no concello hai moitos veciños que practican este deporte e actualmente estanse vendo obrigados a desprazarse a outros municipios para xogar.

Dende o BNG Saviñao explican que as intensas choivas do pasado mes de maio despegaron o pavimento da pista de padel o que motivou que quedara inutilizada. Pasado un mes da inundación, o actual goberno municipal aínda non levou a cabo as accións necesarias para proceder ó seu arranxo. Por outra banda, entre as actividades estivais que ofrece o Concello están incluídas clases de padel pero dende o BNG aínda non saben como se van a celebrar tendo en conta o estado actual da instalación deportiva.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...