O deporte fai de Monforte unha cidade de referencia nacional

Yolanda Salgado e Jairo Salgueiro, dous monfortinos que triunfan no mundo do deporte, foron recibidos polo alcalde.

Concello de Monforte/G.M.

Ó longo da tarde do 9 de xullo 2 deportistas da cidade do Cabe, Yolanda Salgado e Jairo Salgueiro, foron recibidos polo alcalde de Monforte quen lles fixo entrega de sendos agasallos como recoñecemento aos seus logros deportivos.

Yolanda Salgado é deportista do Club de Golf Río Cabe e vén de proclamarse Campiona de España de Golf na modalidade de Pitch and Putt no Campionato de España que se celebrou en Boiro para maiores de 30 anos. Para acadar o seu logro, a golfista rematou o torneo con 124 golpes avantaxando en 9 á segunda clasificada.

Recepción Yolanda Salgado/Concello de Monforte

Seguindo a mesma liña, Jairo Salgueiro, que compite coa Escola Atlética Lucense na categoría de paralímpico, vén de acadar 2 medallas. Unha de prata en salto de lonxitude, e outra de bronce nos 200 metros lisos; ambas no Campionato de España Absoluto de Atletismo Adaptado celebrado en Fuenlabrada recentemente. Pero estos non son os únicos triunfos desta xove promesa do deporte. Este ano xa se proclamou Campión de España na categoría promesas na proba dos 100 metros lisos e subcampión de España en salto de lonxitude.

Recepción de Jairo Salgueiro/Concello de Monforte

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here