Comezo das competicións e éxitos do ‘Atletismo a Gándara’

Un dos participantes, Carlos López Moral, quedou terceiro nos 800m do 'Ourense Termal Athletics Meeting 2020' que se vén de celebrar en Ourense.

Carlos López. Foto: Club Atletismo A Gándara

O club de Atletismo a Gándara comeza a traballar e a competir. Tanto é así que un dos seus atletas, Carlos López Moral, vén de rematar terceiro na competición dos 800m do Ourense Termal Athletics Meeting 2020; unha proba na que o monfortino fixo marca personal cun tempo de 1:58.61 tras rematar primeiro da súa serie.

Cómpre salientar tamén a actuación da atleta María Cedrón co segundo posto acadado na súa serie, tamén con marca persoal de 2:23.80 e a participación de Carmen Martinez Téllez e Iker Fernández Codesido. Ela foi ouro por equipos na categoría feminina Sub 18 e el Ouro no equipo de sub 14 Masculino.

María Cedrón. Foto: Atletismo A Gándara

Desde o Club da Gándara valoran moi positivamente os resultados acadados polos seus atletas no comenzo desta atípica tempada.

Esta fin de semana, Carlos Lopez (800m), María Cedrón (800m) e Carmen Martínez (1500m) acudirán ás Pistas Universitarias de Elviña para participar no Campionato de Galicia ao aire Libre.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here