O club voleibol Ribeira Sacra arrinca a súa nova tempada

CV Ribeira Sacra / CV Ribeira Sacra

O club voleibol Ribeira Sacra arrinca a nova tempada 2020/2021. Fíxoo este Xoves, día 10 de setembro, no Pavillón da Pinguela, onde ofreceron información aos interesados.

Os días de adestramento serán martes, xoves e venres. O club conta con protocolos seguros para a práctica deportiva elaborados pola Federación Galega de Voleibol e polo Concello de Monforte de Lemos, cumprindo así todos os protocolos de hixiene e seguridade fronte á Covid.

Desde o club voleibol Ribeira Sacra convidan a todos os nenos/ as en categorías, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil a practicar e gozar do volei. Poden solicitar información no teléfono 626672435 ou no email info@cvribeirasacra.es

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here