Inscricións e ‘portas abertas’ no Club de Atletismo A Gándara

Neste mes de setembro, ademais das inscricións e do comezo dos adestramentos, os luns e os mércores realizaránse xornadas de portas abertas para que os nenos e nenas da comarca poidan probar distintas disciplinas deportivas.

Saleta de visita no Club de Atletismo da Gándara. Foto: Rubén

A nova tempada 2020-2021 deu comezo o pasado luns 7 de setembro ás 17:30 horas nas instalacións das Pistas de Atletismo Saleta Fernández.

O Club de Ateletismo A Gándara informa de que as inscricións están xa abertas para todos/as os/as que teñen claro a continuidade no Clube, pero para os/as que desexen coñecer e descubrir a súa forma de traballar, ofrecen xornadas de portas abertas durante o mes de setembro. Esta posibilidade contémplase para os luns e os mércores, nos horarios e días habituais segundo a categoría, e a participación non ten custe nin compromiso algún.

Ruben Castro Portela, antigo campión galego de cros, máis coñecido no mundo do atletismo como Macaná, continuará dirixindo os adestramentos esta tempada.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here