InicioDeportesA ‘Milla de Sarria’ reinvéntase e fai posible un retorno de 2.500...

A ‘Milla de Sarria’ reinvéntase e fai posible un retorno de 2.500 euros no comercio local

O evento deportivo que organiza o Concello de Sarria ten este ano unha edición virtual pero con percorrido físico. A recadación das inscricións será para a Cruz Vermella de Sarria e os participantes entrarán nun sorteo de 25 premios de 100 euros cada un.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Félix Seijas, concelleiro de Deportes no Concello de Sarria, di estar satisfeito coa solución que se lle dá nesta edición a un evento de gran relevancia para a vila como é “A Milla Urbana”. A proba realizarase de xeito individual antes do 31 de decembro, previa inscrición nunha plataforma habilitada ao efecto, e ao rematala cada corredor deberá informar así mesmo dos resultados na web www.sarriacorre.com

“A inscrición terá un custe de 1 euro por participante, e o importe total do recadado doarase á Cruz Vermella de Sarria”, comenta Seijas. Un fin solidario da achega que dá dereito despois a participar no sorteo, entre todos e todas as participantes que rematen o percorrido, de 25 premios de 100 euros cada un. “Iso si, os 100 euros pagaranse presentando xustificantes de facturas expedidas por un comercio ou establecemento hostaleiro de Sarria”, engade o concelleiro de Deportes ao tempo que nos ofrece total garantía no sorteo realizado pola empresa que xestiona a plataforma da carreira Multisports Galicia, S.L.U. CC Norte Sports Timig.

DETALLES DESTACADOS DAS BASES REGULADORAS

Segundo se informa na web do Concello de Sarria:

Para participar cómpre inscribirse antes do 31 de decembro na páxina web www.sarriacorre.com e a inscrición terá un custe de 1 euro.

A carreira realizarase libremente polos deportistas tamén antes do 31 de decembro, a calquera hora dentro do horario permitido polas normas sanitarias de contención da Covid19. Rematado o percorrido o corredor ou corredora deberá subir o tempo empregado á paxina web indicada, identificándose co dorsal e data de nacemento no lugar indicado como “Rexistro de actividade”. Para completar este apartado pedirase tamén unha proba gráfica da carreira.

O percorrido é de 1,6 quilómetros con saída no Cuartel da Garda Civil e chegada no Campo de Fútbol de Ribela.

Respecto aos premios, establécense 25 de 100 euros cada un, e a forma de facelos efectivos será como reembolso tras presentar facturas a nome do premiado ou premiada expedidas por algún comercio ou establecemento de hostalería de Sarria e cun importe igual ou superior ao do premio. Exclúense facturas de grandes superficies ou supermercados xestionados por cadeas. No seu momento, os premiados e premiadas presentarán no Rexistro do concello copia do DNI, as facturas indicadas e número de conta.

A lista de premiados/as publicarase nas redes sociais, na web do Concello de Sarria e na propia páxina www.sarriacorre.com

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...