Cita deportiva para o Quixós de Monforte

Este domingo unha delegación de deportistas do club participa na 1ª proba da 'Copa Galega de Slalon Olímpico' que se disputa no Concello de Mondariz Balneario.

Piragüistas do Club Quixós un día de adestramento / XdL

O club de piragüismo Quixós comeza o ano con moita enerxía e competindo. O día 1, para recibir o 2021 con enerxía e facendo o que máis lles gusta, descenderon polo río Cabe dende Ribas Altas ata o Parque dos Condes e este domingo 3 de xaneiro teñen a súa primeira competición importante.

No Concello Mondariz Balneario celébrase a 1ª proba da Copa Galicia de ‘Slalon Olímpico’ na que o club monfortino competirá con 8 piragüistas:

Efrén Álvarez, Noa Díaz e Ximena Prats compiten en categoría cadete en K1 e C1; Gabriel Rodríguez en categoría xuvenil K1; Claudio Fernández en xuvenil K1 e tamén en C1; Nicolás Díaz en K1 senior; Nerea Gutierrez en categoría infantil K1 e Jacobo Rodríguez en infantil K1 e C1.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here