O concello renova os vestiarios do Atlético Escairón

O Clube Atlético Escairón conta con vestiarios renovados grazas á actuación do Concello. Concretamente, a entidade local, a través das brigadas municipais, levou a cabo o pintado integral do edificio e das portas, así como o acondicionamento das duchas.

Vestiarios Escairón / Concello O Saviñao

Esta actuación enmárcase no compromiso do equipo de goberno de poñer en valor todos os edificios que dependen do Concello. As dependencias que albergan os vestiarios son propiedade municipal e, ademais, están situadas no núcleo urbano.

O alcalde, Carlos Armesto, destaca o traballo levado a cabo polos efectivos das brigadas, pois contribúe, di, “a que o noso equipo, que milita en Preferente, teña unhas instalacións óptimas”. 

“Dotar ao Escairón de bos servizos é tamén poñer en valor o noso deporte e a ao noso clube que, sen lugar a dúbidas, é patrimonio do Saviñao”, conclúe o rexedor.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here