Quilómetros verticais. Atréveste?

Os días 25 e 26 de Agosto do 2018 celebraranse no Concello de Folgoso do Courel os quilómetros verticais do Penaboa e Formigueiros.

O Courel / Orlando Gregorio

O día 25 ás 17.00 h. celebrarase o quilómetro vertical do Penaboa cunha lonxitude de 6 quilómetros e un desnivel positivo de 1.150 metros con saída en Ferreiros de Abaixo e chegada a Penaboa

O día 26 ás 10:30 h. celebrarase o quilómetro vertical do Formigueiros cunha lonxitude de 3,9 quilometros e un desnivel positivo de 950 metros con saída na aula da natureza de Moreda e chegada ao pico de Formigueiros.

Pódese participar námbolos quilómetros ou somentes nun deles. As inscricións faranse desde a plataforma de Galitiming :http://verticaisdocourel.galitiming.com

Inscrición combinada nos dous quilómetros verticais:

Antes do 15 de agosto: 24 €

Desde o 16 de Agosto ao 22 de Agosto: 35

Inscrición nun quilómetro vertical:

Antes do15 de agosto: 16€

Desde o 16 de Agosto ao 22 de Agosto: 23€

Establécese un máximo de 300 corredores por carreira, respectando a orde inscrición. Os corredores deben ter como mínimo 16 anos cumpridos na data da carreira. A recollida dos dorsais e de toda a loxística das carreiras farase na casa do concello de Folgoso. O día 26 non se poderá acceder en vehículos particulares á localidade de Moreda. A organización porá un autobús desde Folgoso a Moreda para trasladar aos corredores .

Establécense varios puntos de avituallamento. Cada corredor debe levar obrigatoriamente bidón, sistema de hidratación ou vaso plegable (nos avituallamientos non hai vasos) En función das condicións meteorolóxicas podería ser obrigatorio o uso de roupa de abrigo. Manta témica e móvil pode ser material moi recomendable.

No caso de que algún participante decida retirarse, tanto no percorrido de subida como no de baixada, deberá comunicalo ao persoal de carreira devolvendo o dorsal e o chip, e seguir as instrucións para a súa volta ou transporte á zona de saída.

Facebook da organización

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here