InicioDeportes“Unha fin de semana espectacular que nos levou á terceira posición por...

“Unha fin de semana espectacular que nos levou á terceira posición por clubes”, Santi Díaz, Club Quixós

O club de piragüismo monfortino chegou de terras catalás con ese mérito deportivo a nivel colectivo e un total de 12 medallas. Repasamos os resultados ao detalle.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A expedición monfortina do Quixós xa está en Monforte tras pasar unha fin de semana por terras de Lleida, concretamente en Ponts e Camarasa, poboacións onde tiveron lugar dúas competicións de piragüismo a nivel nacional: a Copa de España de descenso nas modalidades de esprint e clásica, e o Campionato Nacional de patrullas

Comentamos co director deportivo, Santiago Díaz, para coñecer as sensacións e facer balance. Con gran satisfacción dinos que o balance foi moi positivo “xa que despois de levar sen competir ano e medio en descenso, os nosos rapaces, incluídos os veteráns, deron moito de si e aí están as 7 medallas conseguidas o sábado en ‘sprint’ e as 5 conseguidas na xornada do domingo na ‘clásica’ de Camarasa”.

Dentro do alto nivel xeral dos palistas e das palistas que se desprazaron a competir, santi destaca “os cadetes, as dúas rapazas, Noa, Ximena, e Efrén, que estiveron no podio tanto en K-1 como en C-1; a primeira posición de Gabriel no K-1 xuvenil cun tempo espectacular xa que na categoría sénior quedaba entre os sete primeiros; e a medalla de bronce de Carlos Serafín en veteráns”.

Gabriel no podio. Foto: Quixós

Santi tamén puxo en valor a gran participación de Claudio no C-1 senior con dúas cuartas posicións no sprint e clásica. Máis se cabe tendo en conta que “non tiña categoría en xuvenís e subírono á categoría superior”.  

A nivel colectivo o Club Quixós quedou terceiro, por detrás do ‘Sicoris Club’ e do ‘Fluvial O Barco’.

AS MEDALLAS

Noa Díaz: 3 medallas de ouro. En K-1 e C-1 ‘sprint’, e en K-1 ‘clásica cadete’.

Ximena Prats: 3 medallas de prata. En K-1 e C-1 ‘sprint’, e en K-1 ‘clásica cadete’.

Noa e Ximena recollendo medallas. Foto: Quixós

Efrén Álvarez: 2 medallas de ouro, en C-1 e K-1 ‘sprint’, e 1 medalla de prata en K-1 ‘clásica cadete’.

Gabriel: 1 medalla de prata en K-1 ‘sprint’ e 1 medalla de ouro en K-1 ‘clásica xuvenil’.

Carlos Serafín: 1 medalla de bronce en K-1 ‘clásica veterano’.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...