InicioDeportesMonforte amplía días de actividade e de prazas no Programa Deportivo de...

Monforte amplía días de actividade e de prazas no Programa Deportivo de Verán

Ó igual que o ano pasado, a preinscrición será de xeito telemático, para evitar que a xente teña que acudir fisicamente ás oficinas municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Preséntase o “Programa de Verán do Concello de Monforte”, que nesta edición está composto por composto por tres actividades deportivas:

  • Campamento de Verán desenvolverá as súas actividades durante tres quincenas, do 1 de xullo ó 13 de agosto, cun total de 32 días de actividade, mentres que en anos anteriores, establecíanse 2 quincenas durante o mes de xullo, con 20 días de actividade. Ofertará ata un máximo de 288 prazas, 48 máis que en 2020. Poderán participar nenos e nenas de entre os 5 e os 12 anos de idade, que poderán realizar a preinscrición de xeito telemático a través da páxina web do Concello. Os interesados poderán preinscribirse a partir deste día 20 e ata o 31 de maio de 2021. O 2 de xuño o Concello procederá á publicación da lista de persoas preinscritas. A inscrición definitiva, coa aportación da documentación requirida, efectuarase entre o 8 e o 18 de xuño. O custe da actividade será ó igual que en pasadas edicións de 51,75 euros por quincena para matrículas sen transporte e de 67,28 euros para aqueles nenos e nenas que necesiten transporte para achegarse ó seu campamento, xa que, ó igual que outros anos, o Concello segue ofertando o servicio de transporte en autobús para todos aqueles que o necesiten. As familias numerosas terán un 50% de desconto.
  • O XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte – Real Club Celta de Vigo celebrarase na primeira semana do mes de agosto, entre os días 2 e 6, ofertando 72 prazas, 18 máis que en 2020. Trátase dunha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 14 anos que, de igual xeito que para o Campamento Deportivo, poderán realizar a súa preinscrición online, entre o 20 e o 31 de maio. O número máximo de prazas por grupo será de 12, sendo o número total de prazas ofertadas de 72, que son 18 máis que en 2020.
  • Cursos de natación na Piscina climatizada municipal. Outra das novidades deste ano será a oferta de cursos de natación na Piscina climatizada municipal, dirixidos tanto a nenos e nenas como a persoas adultas, e que terán lugar durante os meses de xullo, agosto e setembro, cunha duración mensual e un período lectivo de dous días á semana cada un dos cursos. Estes cursos de natación contarán cun total de 256 prazas, 104 no mes de xullo, 104 no mes de agosto, e 48 no mes de setembro, sendo 7 cursos infantís e 6 para adultos.

As 3 instalacións serán o Polideportivo municipal de A Pinguela, e os pavillóns deportivos do IES a Pinguela e dos Escolapios, a cuxos responsables o Concello agradece a súa disposición e colaboración para facer posible o desenvolvemento destas actividades. 

Concluíu o Alcalde, “dende o Concello, fixemos un esforzo moi importante para poder manter a celebración destes Campamentos de Verán, así como do Campus do Celta, e engadindo a oferta de cursos de natación. Son un total de 616 prazas as que ofertamos, que é o número máis alto dos últimos anos que dende o Concello puxemos en marcha para as actividades de verán.”

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...