InicioDeportesO Club Natación Monforte no Campionato Galego Junior e no Campionato de...

O Club Natación Monforte no Campionato Galego Junior e no Campionato de España Alevín

Semana intensa para o Club de Natación Monforte, por unha banda 7 nadadores desprazáronse a Ourense para disputar o Campionato Galego Junior-Absoluto, e por outra a nadadora, Andrea Gudín Pérez, participou no Campionato de España Alevín que se celebrou en Tarragona.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Orense, Ismael Pérez Tierra consegue a medalla de bronce en 50 m espalda (categoría absoluta), e Andrés Martínez Mariño logra a medalla de bronce en 50 m mariposa (categoría Junior). Tamén: Laura Senra Rodríguez, Uxía Castro de la Fuente, David Conde Varela, Javier Pontón Rodríguez, e Odei Arias Franco, que tiveron unha sensacional actuación tanto nas súas probas individuais, como nas series de relevos.

Andrea Gudín Pérez participou en dúas probas do Campionato de España, 200 m braza, y 100 m braza, nos dous casos conseguiu clasificarse para a final, alcanzando nas dúas o 7º posto da categoría nacional Alevín (11 años).

“Moito ten que decir esta nadadora á que aínda lle queda un ano nesta categoría,” aseguran desde o club que despide así a tempada no que se refiere á natación a nivel competitivo en piscina, pero aínda quedan pendentes competicións de augas abertas en numerosas localidades.

Andrea Gudín / Club Natación Monforte

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...