Campionato de piragüismo en ‘Augas Mestas’

Trátase do campionato galego de K2 que terá lugar o vindeiro sábado 18 de setembro.

Río Sil preto de Augas Mestas. Foto: XMF

A fermosa paraxe de Augas Mestas, onde conflúen o río Lor e mais o Sil, será o escenario onde se celebre o campionato galego de K2 de piragüismo este sábado 18 de setembro.

Competirase nas categorías de prebenxamíns, benxamíns e alevíns a partir das 11:00 h. da mañá e con saídas cada vinte minutos. Respecto á participación cóntase coa asistencia duns 476 padexeiros/as de toda Galicia pertencentes a 26 clubs galegos.

A organización desta competición corre a cargo do Club de Piragüismo Cidade de Lugo e o Concello de Quiroga figura como colaborador.

O concelleiro de deportes de Quiroga, Andrés Novoa, comenta respecto da chegada a estas terras do campionato que “xa tivemos en xullo a Gold River Race, e con este evento buscamos potenciar o deporte fluvial no concello e aproveitar unha paraxe fermosa e espectacular como é Augas Mestas”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here