O Club Natación Monforte homenaxea ao exadestrador, Diego Mantilla

Homenaxe sorpresa do C.N. Monforte ao exadestrador, Diego Mantilla.

Homenaxe Diego Mantilla / Club Natación Monforte

Este domingo, o club natación Monforte fíxolle unha homenaxe sorpresa a Diego Mantilla, exadestrador do club. Nenos e nenas do club xunto cos seus pais reuníronse diante da piscina para agradecerlle o traballo desenvolto durante 17 anos.

Agradecen que sempre fora accesible para todos, para resolver calquer problema, e sobor de todo animando e adestrando aos máis cativos.

Mantilla asegura que a decisión de abandonar o club foi moi meditada e que marcha coa promesa de que cando o club o necesite, estará.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here