Tres piragüistas do Quixós convocados para adestrar en Francia

A Federación Galega de Piragüismo vén de chamar a tres promesas do club monfortino para adestrar en terras galas do 26 ao 30 deste mes de decembro.

Noa Díaz e Ximena recollendo medallas. Foto: Quixós

O Club Quixós de Monforte vén de recibir a convocatoria oficial para tres deportistas de categoría cadete que destacan a nivel galego. Trátase de Noa Díaz Quintian –Cadete A–, Efrén Álvarez Vázquez –Cadete A–, e Nerea Gutiérrez Ontiveros –Cadete B–.

Os padeeiros foron convocados pola Federación Galega de Piragüismo para a concentración que terá lugar do 26 ao 30 de decembro deste ano. Transcorrerá en Pau –Francia–, e os adestramentos realizaranse nos canais de Pau e Orthez.

A saída para emprender a viaxe será dende o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e os deportistas estarán a cargo do técnico da FEGAPI responsable da concentración, Manuel Freiría.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here