Xornada festiva para o CB Sarria co CB Breogán no Chanto

Erik Quintela, Jordan Sakho e a mascota Maximus visitaron na tarde deste xoves a xogadoras e xogadores do CB Sarria. Os breoganistas saudaron as e os deportistas do club, fixéronse fotografías e asinaron autógrafos no medio dun ambiente festivo no pavillón do Chanto.

CB Breogán e CB Sarria no Chanto / Vicepresendencia Deputación

O acto organizado no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o CB Breogán manteñen para promocionar o deporte, contou coa asistencia tamén do responsable da Área Social do club lucense, Salva Arco, e o deputado de Deportes, Efrén Castro.

O responsable provincial destacou  “a calorosa benvida que as nenas e nenos do CB Sarria deron ao CB Breogán” e agradeceu a implicación do club breoganista nestas iniciativas que “xeneran ilusión entre os rapaces e rapazas e contribúen a afianzar o seu interese polo deporte”.

O club sarriao conta con máis 250 deportistas e 11 equipos participando en competicións federadas, ademais de desenvolver unha importante labor de promoción do baloncesto en centros educativos da comarca de Sarria.

Maximus no Chanto / Vicepresidencia da Deputación

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here