O Quixós comeza o ano co seu tradicional descenso do Cabe

Capitaneados por Carlos Serafín Moutiño, trece piragüistas do club fixeron o percorrido dende Ribasaltas ata o embarcadoiro do Parque dos Condes.

Antes da saída dende Ribasaltas / XdL

O club de piragüismo Quixós de Monforte ten por costume facer o descenso do río Cabe dende Ribas Altas ata o Parque dos Condes cada primeiro de xaneiro.

Algún ano podería dar certa preguiza polo frío, pero neste comezo de 2022 a temperatura era máis de primavera que de inverno. O sol madrugou e xa quentaba ben a iso das once da mañá cando emprenderon o camiño cara a zona de lecer de Ribas Altas, lugar de saída do percorrido.

‘Preparados, listos, xa’ en Ribasaltas / XdL

Dende este punto, e río Cabe abaixo, trece piragüistas ben novos emprenderon o descenso duns catro quilómetros co veterán Carlos Serafín Moutiño como guía da expedición. Aínda que o río non levaba excesiva corrente o percorrido sempre resulta atractivo e saír da rutina diaria un incentivo máis para todos e todas. Os máis novos, primeirizos na experincia, saían do embarcadoiro do Parque dos Condes con caras de gran satisfacción.

O descenso foi gravado en video e, en canto lles sexa posible, seguramente compartirán nas súas redes sociais o descenso.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here