InicioDeportesAberto o prazo para inscribirse na Carreira Popular de Monforte que se...

Aberto o prazo para inscribirse na Carreira Popular de Monforte que se celebra o 3 de abril

En función da situación sanitaria existente o día do evento o Concello de Monforte deseñará un protocolo específico, tendo en conta tanto a normativa sanitaria vixente o día da carreira como o protocolo FISICOVID – DXT GALEGO específico para probas atléticas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A edición número 12 deste xa tradicional evento deportivo na cidade, contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como  percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.

Todas as persoas interesadas en inscribirse no evento pódeno facer desde este martes 22 de febreiro a través da páxina web www.monforte10k.com ou da plataforma de inscricións www.ccnorte.com. É precisamente a estrea da páxina web www.monforte10k.com unha das novidades na edición da carreira popular deste ano. Trátase dun espazo específico que ademais de conter toda a información do evento e poder realizar as inscricións nel, pódese consultar información de edicións anteriores (inscritos, resultados e clasificacións, fotografías e vídeos, etc.)

Diferentes probas

O evento contará cunha carreira absoluta de 10.000 metros cun percorrido completamente urbano, e catro probas de menores, de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía ó carón dos Escolapios.

O percorrido da carreira absoluta será o seguinte: Saída da Praza da Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avda. de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avda. de Galicia – Rúa Cardeal –  Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía.

Trátase dun percorrido de 5 km. ó que os participantes terán que dar dúas voltas. Todas as carreiras, incluídas as carreiras de categorías menores, contarán cun sistema de cronometraxe con chip, a excepción da carreira de categoría mini que non é competitiva.

Os premios que se establecen para os/as mellores atletas de cada categoría son os seguintes:

  • Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada unha das categorías excepto na categoría mini na que todos/as os/as participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e unha bolsa de lambetadas.
  • Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán trofeo.
  • Premios económicos: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán premio económico segundo as seguintes cantidades:
    • 1º clasificado: 300 €
    • 1ª clasificada: 300 €
    • 2º clasificado: 200 €
    • 2ª clasificada: 200 €
    • 3º clasificado: 100 €
    • 3ª clasificada: 100 €
  • Premios especiais da carreira absoluta: haberá premio especial de trofeo e agasallo para os/as 3 primeiros/as clasificados/as locais (empadroados/as  en Monforte).
  • Premios por equipos: recibirán trofeo os tres mellores equipos clasificados na carreira absoluta. Estes equipos deberán ser obrigatoriamente mixtos (50% homes e 50% mulleres) e estarán compostos por un mínimo de 4 compoñentes (dous homes e dúas mulleres) e un máximo de 6 compoñentes (tres homes e tres mulleres).

Para evitar masificacións o día da carreira, a entrega de dorsais dos/das atletas que se inscriban de xeito individual, realizarase por adiantado nos seguintes puntos de recollida:

  • Oficina Municipal de Deportes (Casiñas da Compañía):
    • Venres 1 de abril: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
    • Sábado 2 de abril: de 9:00 a 14:00 h.
  • Puntos de recollida fora de Monforte: haberá 6 puntos de recollida fora de Monforte e espallados polas catro provincias para facilitar a recollida do dorsal a todas as persoas participantes que non vivan en Monforte.
  • Envío do dorsal a domicilio.

Será necesario indicar o punto de recollida do dorsal durante o procedemento de inscrición.

ÚLTIMAS

Raquel Arias: “É inxustificable que Tomé ignore as 1.000 sinaturas que reclaman a Unidade de Atención Temperá para Monforte”

Segundo os populares, Monforte é o único municipio da comarca sen este servizo, provocando...

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...