InicioDeportes"O Gran Camiño" entre o 24 e o 27 de febreiro con...

“O Gran Camiño” entre o 24 e o 27 de febreiro con etapas en Pantón e Sarria

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu esta semana a Xunta de Seguridade que estudiou o dispositivo que velará pola seguridade con motivo do paso pola provincia desta proba ciclista. A carreira, que se disputará do 24 ao 27 de febreiro, terá dúas etapas na provincia de Lugo, Pantón e Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Garda Civil organizou un dispositivo de seguridade viaria que acompañará aos ciclistas durante a volta, que estará composto por 46 gardas civís. Neste operativo participarán tamén axentes da provincia, 30 na etapa do sábado e 40 na do domingo.

Isabel Rodríguez pediu aos cidadáns que se informen de horarios e itinerarios da proba, así como das posibles alternativas. Tamén fixo un chamamento a todo o público que se congregará para presenciar o paso dos ciclistas pola provincia para que respecten á sinalización e atendan as indicacións da organización e do dispositivo de seguridade da proba.  

A terceira etapa, entre Maceda e Luintra, disputarase o día 26 e discorrerá en parte -21,100 km- polo concello de Pantón. As estradas da provincia polas que pasarán os ciclistas son a LU-P-4103, LU-P-4104 e N-120A. A entrada na provincia de Lugo está prevista para as 16:40 horas e a saída será, aproximadamente, ás 17:37 horas.

Ao día seguinte, o 27, terá lugar a derradeira etapa da proba, unha contrarreloxo que se disputará integramente no concello de Sarria, cun percorrido de 15,800 km. A saída está prevista para as 11:42 horas, da rúa Calvo Sotelo, e o remate ás 14:30 horas, na rúa do Castelo. 

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....