InicioDeportesAlejandro Valverde proclamouse gañador do Gran Camiño na contrarreloxo de Sarria

Alejandro Valverde proclamouse gañador do Gran Camiño na contrarreloxo de Sarria

Sarria acolleu este domingo pola mañá a cuarta e última etapa do Gran Camiño, unha contrarreloxo que rematou co ciclista ucraíno como gañador de etapa e con Alejandro Valverde como líder da clasificación xeral.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado de Deportes, Efrén Castro, valorou “a gran resposta da veciñanza e das afeccionadas e afeccionados ao Gran Camiño. Tiñamos a responsabilidade de poñerlle o broche final á proba, e cumprimos as expectativas nun día extraordinario, coas rúas ateigadas, conseguindo a proxección internacional pola que apostamos desde o inicio”.

A este respecto, sinalou que “a vitoria de Alejandro Valverde na clasificación xeral dálle aínda máis visibilidade a unha proba coa que demostramos que aquí podemos organizar e acoller grandes eventos deportivos internacionais” e felicitouse “pola participación na proba de ciclistas galegos profesionais que non tiveran na súa traxectoria a posibilidade de participar nunha rolda feita no país”.

O Gran Camiño converteu Sarria no escenario dun gran evento deportivo, coa presenza nas rúas dos vehículos e estruturas dos equipos participantes e dos propios ciclistas, que se preparaban para o inicio da proba antes da saída. A partir o mediodía, a expectación concentrouse arredor do itinerario da contrarreloxo, con saída na rúa Calvo Sotelo, percorrido de case 15 quilómetros pola contorna da vila, 8 deles coincidindo co trazado do Camiño de Santiago, e na meta, na rúa do Castelo, onde Alejandro Valverde e os ciclistas galegos foron os máis aclamados.

Grazas a retransmisión en directo da proba a través de Eurosport e de canles asociadas noutros continentes, as imaxes de Sarria chegaron a 180 países.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...