Éxito total do Quixós na Pontenova: Primeiros na Copa de España e no Campionato Galego

O club monfortino competiu esta fin de semana no río Eo, no Concello da Pontenova. Fíxoo na primeira proba da Liga Nacional de Descenso de Augas Bravas, nas súas modalidades de Sprint e Clásica.

Foto de toda a expedición do Club Quixós desprazada á Pontenova. Foto: C.Q.

Preto de 200 padeeiros de todo o estado participaron nesta proba que acollía por primeira vez o concello lucense da Pontenova. O sábado 5 tivo lugar a competición de Sprint e este sábado 6 de marzo a modalidade de Clásica, nun percorrido duns 3 quilómetros. No global das dúas competicións, o resultado por clubs contaba para o campionato galego.

Na ampla expedición do Club Quixós ían, como novidade, varios deportistas que se estreaban a nivel competitivo. Un deles, Óscar Valladares, acadou un meritorio 5º posto na Clásica, na categoría de C1 séniors. Noa Díaz foi a padeeira máis destacada do equipo monfortino.

SPRINT SÁBADO 5

O Club Quixós quedou primeiro por equipos destacando como resultados individuais o 4º posto acadado por Claudio Fernández e Gabriel Rodríguez en C2 seniors; o 1º posto de Efrén Álvarez en K1 cadete; o 1º posto de Noa Díaz en C1 cadetes; o 2º posto de Jacobo Rodríguez en C1 cadetes, o 2º e 4º posto de Noa Díaz e Nerea Gutiérrez respectivamente, en K1 cadetes; e a 4ª posición de Carlos Serafín Moutiño en K1 seniors.

Efrén Álvarez. Foto: C. Quixós.

CLÁSICA DOMINGO 6

Nesta categoría o Club Quixós tamén quedou no primeiro lugar, entre os 9 equipos participantes. E no que respecta aos éxitos individuais, salientar os reguintes resultados: 2º e 3º posto de Jacobo Rodríguez e Efrén Álvarez no K1 cadetes; o 1º e 4º posto de Noa Díaz e Nerea Gutiérrez respectivamente, no K1 cadetes; o 3º lugar para Carlos Serafín Moutiño no K1 veteráns; o 4º e 5º posto de Claudio Fernández e Óscar Valladares –debutante– no C1 seniors.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here