InicioDeportesO IES A Pinguela clasifícase para o Campionato Galego de Orientación a...

O IES A Pinguela clasifícase para o Campionato Galego de Orientación a Pé

Tres terceiros postos en infantil masculino e feminino e cadete masculino e un segundo en cadete feminino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES A Pinguela ven de participar no Campionato Provincial de Orientación a Pé que se celebrou en Lugo nas categorías infantil e cadete,
dentro do programa Xogade, organizado polo Servizo Provincial de Deporte e FEGADO (Federación Galega de Orientación), coa colaboración do
concello de Lugo e do Club Fluvial.

Esta competición congregou a máis de 380 atletas de toda a provincia.
O IES A Pinguela conseguiu tres terceiros postos en infantil masculino e feminino e cadete masculino e un segundo en cadete feminino.

Estes equipos clasificáronse para a final do campionato galego que se celebrará o próximo 23 de abril.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...