InicioDeportesOs infantís do CB Val de Lemos xogarán a final na casa...

Os infantís do CB Val de Lemos xogarán a final na casa con 13 puntos de ventaxa

Fin de semana do CB Val de Lemos. Breve crónica da actividade das distintas categorías na fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Benxamín: Xinzo 39 – 30 Val de Lemos. Non foi o mellor partido do equipo de cara ó aro, e aínda así loitaron pola victoria ata o final.

Alevín: Depordima 46 – 38 Val de Lemos. O equipo segue a medrar e a competir e neste partido só faltou un pouco máis de acerto no derradeiro cuarto.

Infantil – FINAL (IDA): Depordima 36 – 49 Val de Lemos. Partido de ida da final polo campionato xogado en Ourense, no que os monfortinos conseguiron unha gran victoria que lles permite traer unha ventaxa de 13 puntos para o partido de volta que se xogará en Monforte. Os monfortinos saíron a por todas e grazas á defensa foron conseguindo distanciarse no marcador, e pese ós esforzos do rival para remontar, o equipo seguiu firme no seu xogo para levar a victoria.

CB Val de Lemos cadete / CB Val de Lemos

Cadete: Val de Lemos 63 – 30 Verín / Verín 61 – 75 Val de Lemos. Dous partidos xogaba o cadete contra Verín esta fin de semana (un deles fora aprazado). E nos dous victoria para os monfortinos, con máis claridade a do primeiro duelo. Nos dous partidos, os xogadores monfortinos demostraron un bo xogo interior, determinante para levar as victorias.

Senior Abrente: Val de Lemos 62 – 68 Barbadás. Partido moi físico no que os monfortinos foron a remolque e no que case conseguen culminar a remontada. Un afortunado triple visitante frustouna.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...