InicioDeportesO alumnado do IES Río Cabe aspirante a adestrador de fútbol visitou...

O alumnado do IES Río Cabe aspirante a adestrador de fútbol visitou a cidade deportiva do Valencia C.F.

A expedición, conformada polo director, profesores e alumnado do 'Ciclo de Técnico Deportivo en Fútbol' do IES Río Cabe de Monforte de Lemos, visitou na semana do 25 ó 28 de abril do 2022, a Cidade Deportiva do Valencia C.F.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumnado do ‘Ciclo de Técnico Deportivo en Fútbol’ do IES Río Cabe de Monforte de Lemos estivo tres días en Valencia para coñecer a experiencia deportiva do principal club de fútbol da cidade. Foron tres xornadas intensas pero proveitosas segundo nos trasladan fontes do centro escolar.

Na primeira xornada realizaron unha visita ás instalacións e asistiron ao s adestramentos  do Valencia feminino, do xuvenil A e do Valencia Mestalla. No transcurso da mesma un dos momentos destacados foi a charla a pé de campo co corpo técnico do Valencia Mestalla, encabezado por Ángulo (adestrador), Raúl Pérez (2° adestrador) e Sergi Benet (PF). Tamén asistiron á ponencia por parte do departamento de Análise para coñecer ao detalle o seu funcionamento e remataron o día coñecendo os equipos de formación dende os máis pequenos ata o xuvenil B.

Na segunda xornada observaron o adestramento do Xuvenil A do Valencia, acompañados de Miguel Alonso (xefe do departamento de preparación física) e xa, como final da intensa experiencia, na terceira xornada asistiron a dúas charlas de alto nivel: A primeira sobre nutrición deportivo, co especialista Jesús Sanchís: “10 claves sobre alimentación para mejorar la formación del jugador“; e a segunda co corpo técnico do Valencia CF feminino, encabezado por Andrea Esteban, na que se abordaron diversos aspectos do xogo dende as ABP ata a xestión do grupo.

Nesta xornada final, pola tarde interactuaron coa adestradora do feminino B, Natalia García, e o seu corpo técnico antes de coñecer a identidade e Filosofía do club con Urko Cherta.

O alumnado estivo acompañado durante toda a semana polo profesor Gabriel Eiras e o último día por Carlos Parada, Director do centro monfortino. 

Foto de grupo do IES Río Cabe con persoal do Valencia C.F. / IES Río Cabe
Foto co escudo do Valencia C.F. / IES Río Cabe

A Dirección do IES Río Cabe, tras esta interesante e proveitosa visita a Valencia, agradeceu as facilidades dadas polo club, a amabilidade por parte de todos os profesionais da cidade deportiva e dun xeito moi especial a predisposición e o trato de Miguel Alonso.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...