A ‘V Carreira e Andaina da Muller 2022’ de Sarria será o 15 de maio

Ata o día 10 de maio estará aberto o prazo para inscribirse.

Cartel Carreira 'Vivas e Visibles' / Concello de Sarria

A ‘V Carreira e Andaina da Muller 2022’, programada para o pasado 12 de marzo tivo que suspenderse daquela por mor da climatoloxía.

Dende o Concello de Sarria informan que a nova data de celebración desta andaina reivindicativa será o vindeiro domingo 15 de maio. A carreira comezará ás 18:00 h. e a andaina ás 18:05 h. Dende o pasado 3 de maio, e ata o día 10, estará aberto o prazo para apuntarse.

Dende o concello informan tamén que as e os que xa estaban anotados/as naquel momento seguirán mantendo o dorsal que se lles asignara.

Para anotarse: www.sarriacorre.com

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here