Saray González do CV Ribeira Sacra convocada para a concentración da Federación Española

A federación convoca a outras dúas galegas Inés I. Areán, do club voleibol Pontevedra e Claudia A. Rodríguez do Club Vigo Volei.

Saray González / cv Ribeira Sacra

A xogadora cadete do C.V. Ribeira Sacra, Saray Gonzalez Fontal é chamada pola Real Federación Española de Voleibol para as concentración que van realizar os días 28 e 29 de maio en Soria para a Concentración Permanente Feminina.

Desde o club aseguran “estamos moi orgullosos da proxección de Saray que aínda que é cadete de primeiro ano é unha xogadora que destaca tanto polo seu xogo como polo seu gran físico aínda tendo 15 anos.”

Esta convocatoria vén reforzar o traballo que están a realizar o staff técnico durante todos estes anos, sendo a súa adestradora actual, Yoraxy Meleán.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here